Sofá
- Identificador
- 174/0/0-1-0
- Título
- Sofá
- Descripción
- Sofá tres prazas isabelino en madeira de caoba tallada con motivos vexetais, de palmeta acantiforme nos brazos e divisións en aspa avolutada dos asentos, coroados estes con copetes calados nos extremos e central avenerado; salienta o amplo faldón tallado con motivos fitomórficos e as patas, que son cabriolé, co recorrente ornamento en forma de palma de loureiro, reminiscente do estilo Imperio. A tapicería en cor amarelo (a orixinal era vermella).
- Formato
-
Madeira de caoba
Técnica: Ebanistería
Alto: 122
Longo: 188
Ancho: 61,5 - Procedencia
- Comedor principal
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Aguiló, María Paz. El Mueble en España durante los siglos XVI y XVII, Madrid : Universidad Complutense, Dpto. de Historia del Arte III, 1990./ González-Palacios, Alvar, El Mueble de estilo : historia del mueble del S. XVI al S. XX, Barcelona, Gustavo Gili
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 1 de dec de 17
- Estado de conservación
- MB
- Restauración
- Retapizado no 2006 polo obradoiro de tapicería do Centrad
- Notas
- Este sofá formaba parte do mobiliario da casa que a familia Cuenca tiña na rúa da Senra (nº. 5) de Santiago de Compostela. Desde o punto de vista tipolóxico, o sofá ou canapé xurdiu a finais do XVIII como leito de reposo no que se deitar á turca. Canto a este en particular, sen prexuízo do motivo decorativo das palmas talladas nos brazos, tan característicos do estilo Fernandino (arremedo un chisco tosco do estilo Imperio francés), responde ao gusto isabelino polos perfís curvos e tallas aplicadas nos copetes e no anverso dos brazos e cintura, así como polo tapizado, nunha búsqueda da comodidade en detrimento dos materiais e técnicas decorativas. O estilo Isabelino desenvolveuse en España durante o reinado de Isabel II (1843-1868), inda que prolongariase até finais do XIX. Os seus mobles, ben acolchoados, buscaban máis ca nada a comodidade con certa ostentación pero sen disimular o empobrecemento dos materiais e técnicas.
- Conjuntos de fichas
- Mobiliario
- Medios
-
1740010_0007.bmp
Parte de Sofá
