Biombo
- Identificador
- 559/0/0-1-0
- Título
- Biombo
- Descripción
- Biombo de tres follas articuladas por bisagra en madeira de piñeiro revestida con verniz escuro. En realidade, trátase dun tríptico armado con simples bastidores rematados con copete de volutas afrontadas o central, e con motivos floriformes, tamén afrontadas e debuxando un losange calado na súa unión, os laterais. Os plementos son lenzos e van pintados no seu anverso ao óleo, con pinturas de paisaxe e arquitectura que poetizan as propias dos xardíns da Alhambra e o Generalife, supoñemos que a raíz da visión pictórica dun Sorolla e da súa serie granadina. O da esquerda, por exemplo, ofrécenos o Mirador da Lindaraja empolicanda sobre o seu xardín, coa característica fonte e mailo ciprés, semellante, salvando as distancias na execución, ao encadre da mesma estampa do mestre valenciano. O asunto do lenzo central... podería tratarse da Torre de Comares. No seguinte quizais esteamos ante un recanto dos xardíns do Generalife. No reverso os lenzos van asegurados ao marco mediante bastidor de piñeiro. As escenas dos paneis extremos van enmarcadas cun trampantollo de arco de ferradura pintado. Sen asinar, os motivos decorativos dos copetes suxiren unha cronoloxía de comezos do XX.
- Autoría
- Canut?
- Formato
-
Piñeiro
Técnica: Ebanistería
Alto: 133
Ancho: 235 - Procedencia
- Salón do billar
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- González-Palacios, Alvar, El Mueble de estilo : historia del mueble del S. XVI al S. XX, Barcelona, Gustavo Gili, D.L. 1975. / -Feduchi, Luis M.: Historia del mueble, Madrid : Abantos, 1966./RODRÍGUEZ BERNIS, Sofía. Diccionario de mobiliario. 2006.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 29 de out de 18
- Estado de conservación
- R
- Observación Conservación
- Precisa tratamento contra xilófagos na base do bastidor central e limpeza dos tres paneis.
- Restauración
- Precisa tratamento contra xilófagos na base do bastidor central e limpeza dos tres paneis.
- Notas
- Escrito con xiz no reverso do lenzo central: Canut No reverso do lenzo dereito, tamén con xiz: Tor
- Conjuntos de fichas
- Mobiliario
- Medios
-
5590010_0007.bmp
Parte de Biombo
