Sofá
- Identificador
- 568/0/0-1-0
- Título
- Sofá
- Descripción
- Sofá tipo fernandino con certo deixo isabelino en madeira de caoba. De tres prazas, vai apoiado en catro patas en madeira tallada con motivos gallonados. Asento, respaldo e laterais acolchados e tapizados en tea de veludo adamascado en cor verde. O respaldo, de perfil mixtilíneo, vai decorado con cabezas de cisne enfrontadas e unha palmeta no copete. Os repousabrazos, dispostos ao gusto Imperio, van tallados con motivo acantiforme. O faldón, mínimo, moldurado en bocel.
- Formato
-
Caoba
Técnica: Ebanistería
Alto: 114,13
Longo: 194,5
Ancho: 51,3 - Procedencia
- Salón do billar
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- González-Palacios, Alvar, El Mueble de estilo : historia del mueble del S. XVI al S. XX, Barcelona, Gustavo Gili, D.L. 1975. / Feduchi, Luis M.: Historia del mueble, Madrid : Abantos, 1966./RODRÍGUEZ BERNIS, Sofía. Diccionario de mobiliario. 2006.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 31 de out de 18
- Estado de conservación
- MB
- Notas
- Desde o punto de vista tipolóxico, o sofá ou canapé xurdiu a finais do XVIII como leito de reposo no que se deitar á turca. Canto a este en particular, sen prexuízo do motivo decorativo dos cisnes tallados no respaldo, tan característicos do estilo Fernandino (arremedo un chisco tosco do estilo Imperio francés), anticipa o gusto isabelino polos perfís curvos e tallas aplicadas no copete e no anverso dos brazos e cintura, así como polo tapizado en seda, nunha búsqueda da comodidade en detrimento dos materiais e técnicas decorativas.
- Conjuntos de fichas
- Mobiliario
- Medios
-
5680010_0007.bmp
Parte de Sofá
