Buró
- Identificador
- 683/0/0-1-0
- Título
- Buró
- Descripción
- Buró-librería formado por dous corpos. No inferior catro caixóns con tiradores en bronce e tapa abatible que servía de escritorio. No seu interior seis caixóns (3 en cada lateral e unha pequena lacena central). Na superior, retranqueada, unha librería con tres baldas divididas á súa vez en diferentes apartamentos e con dúas portas. O moble remata con cornisa curva con decoración de rocalla sobredourada no copete.
- Formato
-
Castiñeiro e bronce.
Técnica: Ebanistería
Alto: 214
Longo: 115
Ancho: 57 - Procedencia
- Cuarto Señora
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- González-Palacios, Alvar, El Mueble de estilo : historia del mueble del S. XVI al S. XX, Barcelona, Gustavo Gili, D.L. 1975.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 2 de nov de 18
- Estado de conservación
- B
- Notas
-
O termo "buró" é de orixe francesa, deriva da palabra "bureau" e foi introducida na España do século XVIII para denominar ás modalidades de escritorio de procedencia francesa e inglesa que constituían unha novidade frente aos tradicionais bargueños españois.
Este de Tor responde á tipoloxía de "buró con biblioteca", inventado na Inglaterra de cara o ano 1700. Nela, o corpo de escritorio resólvese cun secreter de tapa inclinada ou cun caixón de frente abatible, e o corpo de libraría adoita pecharse con vidro sobre o que se dispoñen molduras que o subdividen en compartimentos xeométricos, máis varudas e amplias na primeira metade do século, e máis estilizadas e profusas a partir da segunda. Non é o caso deste buró: as portas subsitúen o vidro por plementería de madeira. Pero en calquera caso, este moble aparece como tipo básico nos catálogos dos ebanistas do período, dos que se valen máis tarde os moblistas decimonónicos para producir copias case perfectas ou menos elaboradas.
Desde o punto de vista decorativo e funcional, este tipo de mobles corresponde ás bibliotecas e a os despachos. É moi escasa a súa presencia nos salóns, o que suliña a especialización funcional do espazo no que o moble se ubica.
- Conjuntos de fichas
- Mobiliario
Parte de Buró





