-
Identificador
-
75/0/0-1-0
-
Título
-
Santa Sabela, Raíña de Hungría ou de Portugal?
-
Descripción
-
Óleo sobre lenzo que representa a Santa Sabela, Raíña de Hungría, ou, quizais, a Santa Sabela de Portugal, súa sobriña. Con marco en madeira orixinal. Viste pel de armiño, xeneroso colar de perlas, ao modo dalgunhas santas giordanescas, e porta unha roca para fiar na esquerda, atributos alusivos á súa condición rexia e ao seu desempeño (exemplum) feminino de axuda aos máis febles. A man dereita pousa sobre a cabeza dunha rapaza (da que destaca un belo pendente de perla barroca), nun conseguido escorzo escénico que delata un repoussoir de orixe gravada, todo elo consonte á haxiografía das dúas Sabelas: a acción refire o momento de sandar a unha moza doente, ou de acoller a unha orfa, en relación cunha ou outra das sete obras de Misericordia. Asume o arquetipo reniniano das madonnas para a representación da santidade feminina, coa mirada cara o ceo, en éxtase. A construción do rostro, colo e ombreiros remite á propia do mestre italiano. Podería ser calco reaproveitado para a iconografía desta santa, e invertido (de colo para arriba, non así as mans) da célebre Lucrecia do artista italiano.
-
Formato
-
Óleo sobre lenzo
Técnica: Oleo
Alto: 78,70
Ancho: 65,80
-
Procedencia
-
Comedor principal
-
Mediador
-
MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
-
Método de acumulación
-
Legado testamentario
-
Política de acumulación
-
Taboada de Andrés, Mª Paz
-
Fecha de entrega
-
19 de xan de 98
-
Fuente
-
A.E. Pérez Sánchez, Pintura barroca en España (1600-1750), Madrid, Cátedra, 1992.
-
Fecha de creación
-
30 de dec de 99
-
Fecha de modificación
-
Simón Vicente (Revisor). 31 de out de 17
-
Estado de conservación
-
REGULAR
-
Observación Conservación
-
Restaurado por Santiago Cobelo no 2022
-
Notas
-
A dúbida entre as dúas Sabelas explícase porque comparten atributos (indumentaria e atributos rexios, roca de fíar: as dúas daban esmola e tecían roupa para os pobres) e ambas delatan haxiografías semellantes. Poderiamos inclinarnos por Sabela de Hungría, pois a casa de Tor sempre foi devota da Orde Franciscana. Na árbore xenealóxica da Orde, que figura no Salón de Billar, entre os santos representados como froitos da fundación de San Francisco de Asís, aparece representada a raíña de Hungría. Este cadro probablemente saíu do convento franciscano de Santo Antonio, en Monforte de Lemos, tras a súa desamortización. Podería ser que a pintura en cuestión da santa, proceda do mesmo cenobio. Sen embargo, a raíz da canonización da de Portugal, a devoción por ela foi moi acusada na España do século de Ouro, e foi levada á pintura devocional por xente como Zurbarán. No seu retrato ao divino da santa albiscamos un colar de perlas semellante. Mais todo son conxeturas.