Cardeal Payá
- Identificador
- 164/0/0-1-0
- Título
- Cardeal Payá
- Descripción
- Retrato ó óleo sobre lenzo do cardeal Miguel Payá y Rico (1811-1891), arcebispo de Santiago, co marco en madeira sobredourada. Cadro asinado por Garabal (José Garabal Louzao) onde figura como Real Pintor da Corte ano 1877 (na visita do Rei Alfonso XII a Compostela foi nomeado Decorador Oficial da Corte). De tres cuartos, vai vestido de prelado, con solideo, muceta, roqueta de bocamangas de ricos bordados, anel episcopal e cruz peitoral coa banda da ordes de Carlos III, insigina de Carlos III repetida e de Isabel a Católica.
- Autoría
- Garabal|José Garabal Louzao
- Formato
-
Óleo sobre lenzo.
Técnica: Oleo
Alto: 95,5
Ancho: 78,5 - Procedencia
- Comedor principal
- Cobertura espacial
- Galicia|Santiago de Compostela
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Método didáctico
- Exposto o 23 de febreiro de 2024 con motivo do Encontro de Saberes arredor de Rosalía, no Museo Provincial de Lugo.
- Fuente
-
Garabal Louzao, Xosé". Diccionario enciclopédico galego universal 30. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 40. ISBN 84-7680-429-6.
"Garabal Louzao, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 130.
"Garabal Louzao, Xosé". Enciclo - Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 26 de nov de 17
- Estado de conservación
- R
- Observación Conservación
- Foi restaurado no 2023 por Santiago Cobelo. Tiña un burato á altura da cabeza do prelado froito dun disparo.
- Notas
-
Garabal P.r C 1877|Antecede aos retratos asinados por Cao Cordido, Fenollera e tamén ao que lle fixo o pintor Román Navarro (1885), nunha disposición semellante, derivada da retratística papal e cardealicia do Renacemento. O retrato semella cortado, pois o bufete no que parece recibir, é só unha alusión a través do xesto da destra, da que só se representa o comezo. Isto pode indicar unha posíbel débeda coa fonte fotográfica da que houbo de partir o pintor para compoñelo. Pensamos no retrato fotográfico de Leopoldo Rovira, feito o mesmo ano de 1877. A cruz peitoral que loce nestes e seguintes retratos xa como arcebispo de Toledo, sería doada ao santuario da patroa do seu pobo natal, a Virxe da Divina Aurora, en Beneixama. Fora un regalo da raíña Isabel II. De prata branca e sobredourada, con pedras semipreciosas. O retrato expresa o seu recente nomeamento como cardeal de Roma polo papa Pío XI. Chegou a ser primado de España baixo o pontificado de León XIII, do que se conserva un gravado no cuarto de Uxío Novoneyra. Canto ao pintor: Formouse con Juan José Cancela del Río. Os pais enviárono a Madrid, onde tivo por mestre a Federico Madrazo na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. De volta a Santiago opositou á praza de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País, sen éxito, pois gañoulla Modesto Brocos. Practicou unha pintura romántica e costumista en retratos, paisaxes e pintura relixiosa. Con motivo de senllas visitas reais a Compostela, en 1858 regaloulle unha acuarela do Pórtico da Gloria a Isabel II e en 1887 dúas obras de tipos galegos a Afonso XII. Foi nomeado pintor e decorador da Casa Real.
Destaca o seu traballo na decoración do patio do arcebispo Malvar en San Martiño de Salcedo, a restauración do altar maior da Catedral de Santiago de Compostela e a restauración e decoración do Recreo Artístico e dos cafés "Suízo" e "España" de Santiago de Compostela. Restaurou parte dos cadros do palacio arcebispal a petición do cardeal Martín de Herrera.
- Conjuntos de fichas
- Obxectos de arte (OA)
- Medios
-
1640010_0007.bmp
Parte de Cardeal Payá
