Cadro
- Identificador
- 459/0/0-1-0
- Título
- Cadro
- Descripción
- Óleo sobre cobre que representa ao Neno Xesús cos atributos da súa futura Paixón (Arma Christi); cruz, esponxa, lanza e escaleira (non se distingue ben se vai a coroa de espiñas de rigor) que apaña co brazo dereito, portando un balde na outra man, no que irían, de acordo co modismo iconográfico, os demais elementos do martirio, aquí tapados por un paño, imaxinamos que pola impericia do artista á hora de ser minucioso. Camiña cara a esquerda (o que delata unha fonte gravada) sobre un leito de rosas e baixo un amplo cortinón vermello (semella que será un engadido posterior) e fiestra ao fondo en tosca perspectiva, foco de luz da escena. Marco en madeira sobredourado. Posíbel orixe americana, talvez do Ecuador, inspirada na obra gravada de Hieronimus Wierix (1553-1619) co mesmo asunto (In Laboribus a iuventute mea). Na peza de Tor non aparece a usual inscrición latina ao pé. O manto e a cortina efectista conservan o ton vermello consuetidunario. Non obstante, a túnica, dun azul gastado, quixo ser púrpura, pois esa cor viste o Neno noutras representacións semellantes, o que revela o carácter rudimentario, case industrial, e polo tanto, a idiosincrasia mercantil, de consumo a grande escala, deste cobre.
- Formato
-
Óleo sobre cobre
Técnica: Oleo
Alto: 23,9
Ancho: 18,6 - Procedencia
- Dormitorio principal
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- A.E. Pérez Sánchez, Pintura barroca en España (1600-1750), Madrid, Cátedra, 1992
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 23 de out de 18
- Estado de conservación
- MB
- Notas
- O cobre en láminas finas e pulidas serviu coma soporte para a pintura ao óleo, especialmente por artistas flamengos do século XVII. Destinábase a técnica para pequenas escenas, de formato reducido: paisaxes, pequenos retratos, estampas devocionais ou copias a escala de obras mestras. O soporte de cobre proporcionaba unha mellor conservación da pintura, tamén facilitaba a súa comercialización. A humidade non atacaba ao lenzo, resultaba máis económico e doado de preparar. Non obstante, tiña o problema da pouca adherencia da materia pictórica que, ás veces, provoca desprendementos.
- Conjuntos de fichas
- Obxectos de arte (OA)
- Medios
-
4590010_0007.bmp
Parte de Cadro
