"A VIRXE DE GUADALUPE"
- Identificador
- 501/0/0-1-0
- Título
- "A VIRXE DE GUADALUPE"
- Descripción
- Óleo sobre lenzo que representa a imaxe de Nosa Señora de Guadalupe Estremeña, coroada, con veo acampanado que cae sobre os ombreiros, no seu camarín e trono de prata, co manto branco, cruzado por aparatoso colar e bordado de flores (caraveis brancos e vermellos, premonición da Paixón de Cristo) dúas andoriñas, e unha parella de ricos medallóns de acibeches encabuxados que penden de cadanseu lazo negro e branco; porta o cetro dourado con pedras preciosas, de acordo coa sonada descrición do "padre Talavera". Sen dúbida, unha vera effigies. Na parte superior dous anxos descorren as cortinas, en simulado tafetán roxo; na inferior outros dous tanxen instrumentos musicais, baixón e guitarra española, o que axuda a afinar a cronoloxía, pois o baixón foi desprazado da música sacra durante o XVII. Na peaña, a inscrición " NUESTRA Sª DE GUADALUPE". Próxima ao estilo das pinturas de fray Juan de Santa María, autor dos grandes lenzos do claustro do mosteiro de Guadalupe.
- Formato
-
Oleo
Técnica: Oleo
Alto: 130
Ancho: 58,5 - Procedencia
- Salón do billar
- Cobertura espacial
- Estremadura?|Trujillo?
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Rafael Jesús López Guzmán, Pilar Mogollón Cano-Cortés, "La Virgen de Guadalupe de Extremadura. Iconografía andina I e II", Quiroga: Revista de Patrimonio Iberoamericano, Nº. 12 (Julio-Diciembre), 2017, págs. 46-57; José Antonio Ramos Rubio, "Iconografía
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 25 de out de 18
- Estado de conservación
- B
- Restauración
- Restaurada por Santiago Cobelo no 2022
- Notas
- Como tantas outras estremeñas (a de Tor é semellante ás conservadas en Trujillo, concretamente ás das parroquiais de San Francisco, que tamén ten paxaros bordados no manto, e San Martín), segue o gravado calcográfico de Pedro Ángel publicado na obra Historia de Nuestra Señora de Guadalupe.. De frei Gabriel de Talavera, publicada en Toledo o ano 1597. A imaxe sería difundida en América, no Perú, por frei Diego de Ocaña.
- Conjuntos de fichas
- Obxectos de arte (OA)
- Medios
-
5010010_0007.bmp
Parte de "A VIRXE DE GUADALUPE"
