"SAN IGNACIO DE LOYOLA"
- Identificador
- 578/0/0-1-0
- Título
- "SAN IGNACIO DE LOYOLA"
- Descripción
- Óleo sobre cobre coa imaxe-busto de San Ignacio de Loyola como fundator da Orde Xesuítica, presentando a igrexa do Xesús sobre un libro (Regulae Societatis Iesu) xunto co monograma desa Orde (IHS, co Neno Xesús e o orbe sobre a ETA) no centro dunha gloria de raios, de acordo coa fisonomía asentada de cara ao proceso de beatificación e canonización; é imaxe arquetípica do emblema e da retratística do fundador da Sociedade, vera effigies difundida a través da súa máscara mortuoria, posto que nunca foi retratado en vida. O retrato propiamente dito é calco do célebre de Alonso Sánchez Coello (1585) que coñecemos por copias posteriores. A peza de Tor responde ao acervo de innumerábeis imaxes que seguiron á canonización do 1622, encamiñadas non tanto ao fomento da súa elevación aos altares, canto á exaltación da súa memoria, á súa glorificación e, por estensión, á propagación da imaxe da Compañía de Xesús. Marco en madeira.
- Formato
-
Cobre
Técnica: Oleo
Alto: 31
Ancho: 24,5 - Procedencia
- Salón do billar
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- A.E. Pérez Sánchez, Pintura barroca en España (1600-1750), Madrid, Cátedra, 1992; Carlos A. Page, "Los primeros retratos de Ignacio y los inicios de la iconografía ignaciana", IHS. Antiguos Jesuitas en Iberoamérica, Vol. 7, nº 2, julio-diciembre 2019, pp.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 31 de out de 18
- Estado de conservación
- B
- Notas
- O cobre en láminas finas e pulidas serviu como soporte para a pintura ao óleo, especialmente por artistas flamengos do século XVII. Destinábase a técnica para pequenas escenas, de formato reducido: paisaxes, pequenos retratos, estampas devocionais ou copias a escala de obras mestras. O soporte de cobre proporcionaba unha mellor conservación da pintura, tamén facilitaba a súa comercialización. A humidade non atacaba ao lenzo, resultaba máis económico e doado de preparar. Non obstante, tiña o problema da pouca adherencia da materia pictórica que, ás veces, provoca desprendementos.
- Conjuntos de fichas
- Obxectos de arte (OA)
- Medios
-
5780010_0007.bmp
Parte de "SAN IGNACIO DE LOYOLA"
