-
Identificador
-
583/0/0-1-0
-
Título
-
"SAN FRANCISCO DE ASIS E OS SANTOS FRANCISCANOS"
-
Descripción
-
Óleo sobre lenzo que representa a San Francisco flanqueado polos entón beatos Juan de Capistrano (á esquerda) e Juan Navarrete (á dereita). O fundador aparece estomballado de medio lado, apoiado no libro da Regra mentres que do seu tórax nace unha árbore que podemos relacionar cunha froiteira percorrida por unha filacteria cuxas polas rematan en froitos que compoñen unha xenealoxía retratada de todos os santos e santas da súa Orde (arbor divorum seraficae religionis) até ese momento, identificados con cadansúa cartela. Marco en madeira. Posíbel orixe conventual, ou sexa, produto da desamortización. Claramente de escola galega a partir dalgún gravado (como o célebre de Pieter de Jode I), é moi semellante ao de Zinacantepec, que é posterior a este, e comparábel ao que fixera Brisarte para a Orde Benedictina, asinado o ano 1649 e apresentado polo autor cómo único na súa especie. O tema, unha glorificación apoloxética da Orde, adoita a iconografía propria da árbore de Jessé, tal e como fixeron e farían prácticamente todas as ordes (arbre-ordo) relixiosas e mesmo militares. A fonte primaria, da que é obvia copia con lixeiras variacións, é un gravado atribuído a Carracci incluído na Historia da Orde Seráfica que fixera Francesco Gonzaga, bispo de Mantova.
-
Autoría
-
Monforte?
-
Formato
-
Oleo
Técnica: Oleo
Alto: 131
Ancho: 107
-
Procedencia
-
Salón do billar
-
Mediador
-
MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
-
Método de acumulación
-
Legado testamentario
-
Política de acumulación
-
Taboada de Andrés, Mª Paz
-
Fecha de entrega
-
19 de xan de 98
-
Fuente
-
Ángel Justo Estebaranz, “Para honra y gloria de la orden: las pinturas de las genealogías de las órdenes religiosas en los conventos quiteños en el barroco”, Laboratorio de Arte, 28, 2016, pp. 259-281; Karen Melvin, Building Colonial Cities of God: Mendic
-
Fecha de creación
-
30 de dec de 99
-
Fecha de modificación
-
Simón Vicente (Revisor). 31 de out de 18
-
Estado de conservación
-
R
-
Restauración
-
Restaurado por RST. CB. Xaneiro de 2015
-
Notas
-
ARBOR DIVOROM SERAFICI RELIGIONIS (SIC)|O texto en latín do título está mal declinado. Debería lerse ARBOR DIVORUM SERAPHICAE RELIGIONIS, o cal dá pistas sobre a autoría lega, exenta de latinidades, desta obra.