San Martiño
- Identificador
- 829/0/0-1-0
- Título
- San Martiño
- Descripción
- Óleo sobre lenzo que representa a San Martiño partindo a súa capa cun pobre. Represántanse de cintura cara arriba, casi de busto. O pobre en forzado perfil. O santo, de faccións pouco naturalistas, ao igual que o seu compañeiro, vai vestido de militar romano con certa vocación arqueolóxica na súa verosimilitude. Podería delatar unha fonte gravada. A espada corta a escena en escorzada diagonal. Salientábel o fondo, dun intenso azul verdoso encadrábel na segunda metade do XVII, desaparecido o ansiado azul ultramariño dos obradoiros de pintura daquel tempo. De dimensións semellantes ás do San Paulo do dormitorio principal, co que, acaso, formou grupo xunto con outros (quizais o típico apostolado, malia a que San Martiño non o foi) de acordo coa tradición iconográfica das series dos apóstolos compostas por un Hendrick Goltzius. Carece do marco.
- Formato
-
Óleo sobre lenzo
Técnica: Oleo
Alto: 97
Ancho: 66 - Procedencia
- Sala de armas
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 6 de nov de 18
- Estado de conservación
- R
- Observación Conservación
- A superficie do lenzo presenta roturas, restos de fungos e perdas de pintura, á parte de estar sensibelmente escurecida. Xa restaurado por Santiago Cobelo.
- Restauración
- Restaurado no 2023 por Santiago Cobelo
- Notas
- Interesante o posíbel parentesco co anónimo español dun San Andrés (de calidades cromáticas máis que semellantes) conservado no Convento de Clarisas de Monforte de Lemos.
- Conjuntos de fichas
- Obxectos de arte (OA)
- Medios
-
8290010_0007.bmp
Parte de San Martiño
