Virxe de Belén
- Identificador
- 956/0/0-1-0
- Título
- Virxe de Belén
- Descripción
- Óleo sobre lenzo da Virxe de Belén: a Virxe estreita ao Neno contra o peito e éste agarima o rostro da Nai, de acordo cunha iconografía de raíces bizantinas e en relación coa Nosa Señora de Pasaviensis de Alemaña ou a Virgen del Dulce Abrazo, ou sexa, trampantollo ao divino dunha vera effigies que abunda nas clausuras de toda España. É posíbel que a pintura, de clara escola madrileña, sexa copia da obra asinada por Francisco Camilo (1615-1673), exposta na igrexa de San Xoán de Deus, no convento madrileño de Antón Martín, e que tivo ampla difusión posto que foi moi copiada. Marco talvez orixinal do XVII en madeira con motivos vexetais de roleos en relevo dourado. Tamén moi interesante dende o punto de vista da historia de xoiería, pois reproduce con fidelidade os labores de engastería do século XVII. Como noutros exemplares, albiscamos na Virxe de Belén de Tor a gargantilla coa pomba pinxante, manillas, diversas sortixas e a coroa imperial coas aguias bicéfalas no bandó, tal e como tamén aparece representada na imaxen que garda o convento de Corpus Christi, vulgo de Jerónimas Carboneras.
- Autoría
- Madrileña
- Formato
-
Óleo
Técnica: Oleo
Alto: 77
Ancho: 71 - Procedencia
- Despacho
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Angulo Íñiguez, Diego, «Francisco Camilo», Archivo Español de Arte, vol. xxxii, n.º 126, Madrid, 1959, pp. 89-90; Pérez Sánchez, Alfonso E., Francisco Camilo: un pintor en el Madrid de Felipe IV, Madrid, Real Academia de la Historia, 1998.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 23 de nov de 18
- Estado de conservación
- B
- Conjuntos de fichas
- Obxectos de arte (OA)
- Medios
-
9560010_0007.bmp
Parte de Virxe de Belén
