Xarrón
- Identificador
- 1132/0/0-1-0
- Título
- Xarrón
- Descripción
- Xarrón de Daniel Zuloaga, da súa III Época, no obradoiro de San Juan de los Caballeros, co corpo decorado cunha paisaxe da cidade de Salamanca coa catedral e uns charros no primeiro plano coma protagonistas, segundo aquela preocupación polos tipos e costumes casteláns da xeración do 98. Albíscanse ao fondo a Clerecía e outros edificios. Da etapa na que o grande ceramista e pintor descobre as orzas da zona salmantina de Cantalapiedra (forma ovoide con carena marcada no terzo inferior que se estreita ata a base, que é plana; beizo superior volto de perfil redondeado), que logo él pintaba recuperando técnicas antigas como a da corda seca logo esmaltada e introducindo o estilo art dèco na decoración, baixo a influencia na figuración e na celaxe dun pintor reivindicado por esta saga familiar, El Greco. Para as vistas salmantinas, Daniel Zuloaga traballaba a partir de fotografías do célebre Venancio Gombau.
- Autoría
- Daniel Zuloaga|Daniel Zuloaga
- Formato
-
Cerámica
Técnica: Cerámica
Alto: 50 - Procedencia
- Salón do Norte
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- RUBIO CELADA, Abraham, De la tradición a la modernidad: los Zuloaga ceramistas. Madrid: Memoria para optar al grado de doctor (Universidad Complutense de Madrid), 2004.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 24 de nov de 18
- Estado de conservación
- B
- Notas
- J.M.V.|Edwin Forester (en realidade Forrester) nacera o 13 de xullo de 1817 en Burslem (foi bautizado ese día). Morreu en Wolstanton, Staffordshire, aos 54 anos, o 8 de agosto de 1871. Foi nomeado director de Sargadelos o 1847. Trouxo de Inglaterra amais das técnicas cerámicas, a decoración empregada en Doulton Burslem, precisamente a apetecida nesta colección: paisaxe fantástica con pagodas, palmeiras e flores cun río zigzagueante polo que navega un barco, animado pola presenza de tres (ou dúas segundo a peza) figuras vestidas á oriental, unha delas con antuca. A terceira época da fábrica (1845-1862), foi a mellor e máis produtiva, cando estivo arrendada á sociedade santiaguesa de Luis de la Riba y Compañía, que importou operarios ingleses e modernizou as instalacións. En Sargadelos, a serie "Chinoiseries", que para as paisaxes fantásticas inspirouse nas producións de Burslem, estampouse en negro (como neste caso), en azul o en morado e sobre todo tipo de pezas (vaixelas, xogos de café, de toucador...). Para a mesma vaixela podían seleccionarse escenas diferentes: nesta colección contabilizamos tres. Era a orla decorativa o elemento unificador.
- Conjuntos de fichas
- Obxectos de arte (OA)
- Medios
-
11320010_0007.bmp
Parte de Xarrón
