Busto masculino
- Identificador
- 1153/0/0-1-0
- Título
- Busto masculino
- Descripción
- Busto masculino dun negro, barbado e con turbante. Leva un aro na orella dereita. As pupilas, perforadas, houberon de levar embutida algunha pedra ou esmalte para maior realismo. Leva data incisa na parte anterior (1873). Feito en terracota patinada e policromada, é do tipo dos que logo produciría en Viena o empresario checo Friedrich Goldscheider (1845-1897), sen que, polo momento, llo poidamos atribuír con certeza. A obra é moi semellante aos bustos modelados por Arthur Strasser (1854-1927), escultor vienés ao servizo dese Goldscheider, e naquel estilo "orientalista", preocupado pola reprodución máis ou menos veraz, naturalista, dos tipos fisonómicos do Oriente e da África negra, tan de moda nos fogares da alta burguesía europea a partir da segunda metade do século XIX, e tamén coleccionada pola familia imperial.
- Autoría
- Friedrich Goldscheider?
- Formato
-
Terracota
Técnica: Modelado a man, a torno
Alto: 35,5
Ancho: 25 - Procedencia
- Salón do Norte
- Materia
- Busto masculino
- Obxectos de arte (OA)
- Arte
- Retrato: Femenino, Masculino, Grupo, Parella, Infantil
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Malcolm Haslam, Marks and Monograms of the Modern Movement 1875-1930: A Guide to the Marks of Artists, Designers, Retailers, and Manufacturers from the Period of the Aesthetic Movement to Art Deco and Style Moderne, Lutteworth, 1977.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 24 de nov de 18
- Estado de conservación
- MB
- Notas
- J.M.V.|Edwin Forester (en realidade Forrester) nacera o 13 de xullo de 1817 en Burslem (foi bautizado ese día). Morreu en Wolstanton, Staffordshire, aos 54 anos, o 8 de agosto de 1871. Foi nomeado director de Sargadelos o 1847. Trouxo de Inglaterra amais das técnicas cerámicas, a decoración empregada en Doulton Burslem, precisamente a apetecida nesta colección: paisaxe fantástica con pagodas, palmeiras e flores cun río zigzagueante polo que navega un barco, animado pola presenza de tres (ou dúas segundo a peza) figuras vestidas á oriental, unha delas con antuca. A terceira época da fábrica (1845-1862), foi a mellor e máis produtiva, cando estivo arrendada á sociedade santiaguesa de Luis de la Riba y Compañía, que importou operarios ingleses e modernizou as instalacións. En Sargadelos, a serie "Chinoiseries", que para as paisaxes fantásticas inspirouse nas producións de Burslem, estampouse en negro (como neste caso), en azul o en morado e sobre todo tipo de pezas (vaixelas, xogos de café, de toucador...). Para a mesma vaixela podían seleccionarse escenas diferentes: nesta colección contabilizamos tres. Era a orla decorativa o elemento unificador.
- Conjuntos de fichas
- Obxectos de arte (OA)
- Medios
-
11530010_0007.bmp
Parte de Busto masculino
