Presentación no Templo
- Identificador
- 1324/0/0-1-0
- Título
- Presentación no Templo
- Descripción
- Óleo sobre lenzo, sen marco, coa representación nun interior sagrado da Presentación no Templo/Circuncisión do Neno Xesús, pois ambos temas do relato de San Mateo adoitaban fundirse nunha mesma escena. É copia anónima e monumentalizada do gravado que fixera Valentin Lefebre (1642-1682), publicado por Jacobus van Campen, a partir da obra orixinal de Paolo Veronés: unha escena sobre dúas follas de táboa, conservado in situ, pois son as follas do órgano da igrexa de San Sebastián de Venecia, mais coa particularidade de matizar a copia coa inspiración noutro gravado de Sadeler sobre deseño de Marten de Vos, concretamente, na figura que soporta o cirio a modo de repoussoir.
- Autoría
- Copia de Veronés
- Formato
-
Lenzo
Técnica: Oleo
Alto: 104
Ancho: 87 - Procedencia
- Armario colchoneiro
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- FWH Hollstein, Dutch and Flemish etchings, engravings and woodcuts c.1450-1700, Amsterdam, 1949
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 3 de mar de 22
- Estado de conservación
- bo
- Observación Conservación
- Lenzo en moi mal estado, con boa parte da capa pictórica desgastada e restos de fungos na superficie. Recén restaurado por Santiago Cobelo. Embalado na Biblioteca Vella para ser disposto no Cuarto do Bispo cando reciba o marco.
- Notas
- A ebonita, mestura de caucho, azufre e aceita de liñaza, é un material inventado polo americano Charles Goodyear (1800-1860) o ano 1839. Presentouno en sociedade na Exposición de Londres de 1851. Debido á demanda de pezas en acibeche, imprescindíbeis na xoiería de loito feminino, Goodyear inventou un material máis asequible, tamén de cor negra, que se traballaba mediante a técnica do modelado, o que permitiu a fabricación masiva de pezas como este devocionario.
- Conjuntos de fichas
- Obxectos de arte (OA)
Parte de Presentación no Templo