Sombrilla
- Identificador
- 56/0/0-1-0
- Título
- Sombrilla
- Descripción
- Antuca con cuberta formada por oito panos de seda negra e oito variñas metálicas con remates de aluminio prateado. Mango de aluminio tallado, espiraliforme, con motivos decorativos nos bordes da espiral da empuñadura. Conteira de metal prateado.
- Formato
-
Seda negra, aluminio
Técnica: Fundido
Longo: 90 - Procedencia
- Entrada
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- PASALODOS SALGADO, Mercedes. Sombrillas del siglo XIX. Pieza del mes, diciembre de 2005. Museo del Traje, 2005. / FERNÁNDEZ, Ana Belén. Moda de ayer y de hoy. 2006. / MUSEO DEL TRAJE. Museo del Traje. Guía Breve. 2007./ VV.AA.. España fin de siglo 1898. 1
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 20 de out de 17
- Estado de conservación
- BO
- Notas
- A antuca foi un complemento indispensábel da indumentaria feminina durante o século XIX e primeiras dúas décadas do XX. As mulleres habían de ter a pel branca, símbolo da posición social. Así que cubrían a faciana cunha antuca e as mans con luvas. Xeneralizouse o seu uso e foi inseparable do traxe ao que acompañaba. Escollíase a antuca en función do traxe e en harmonía co sombreiro. A idade e o estado civil tamén determinaban a escolla de certas cores e tecidos. As normas da elegancia e do decoro ao longo do XIX regularon o emprego da antuca. Xunto co abano e o pano, a antuca contou coa súa propia linguaxe, todo un código xestual, expresión de distintos estados da alma e, tamén, instrumento ao servizo da seducción, protagonista do cortexo. Había diferentes tipos de antuca para cada momento do día: as que se empregaban para pasear pola vila ou polo campo eran máis sinxelas e co seu mango máis longo, en semellante función á dun bastón. As antucas empregadas para ir en carruaxe, denominadas “antuca marquesa”, eran máis pequenas e co seu mango pregábel, o que permitía orientalas cara o sol. Por outra banda, as antucas que complementaban os traxes de vestir, estaban realizadas en materiais máis luxosos, guarnidas con suntuosos encaixes e bordados. En relación cos materiais, a seda e o algodón destinábanse á cuberta, sen menoscabo dos encaixes e aplicación de pasamanería. Ademais, o interior dalgunhas antucas podíase forrar con tecidos de seda ou de fino algodón, en habelendosa ocultación do entramado. Non se trataba dun simple forro, pois ostentaba tanta importancia como a cuberta exterior. O marfil, o óso, o metal, a madeira e o celuloide empregábanse para a elaboración dos mangos e empuñaduras. Para a fabricación das variñas, nun principio o material prioritario foi a balea, mais en 1840, cando Henry Holland presentou unha patente con variñas metálicas, xeneralizouse o aceiro.
- Conjuntos de fichas
- Complemento de indumentaria (CI)
Parte de Sombrilla





