Liteira
- Identificador
- 843/0/0-1-0
- Título
- Liteira
- Descripción
- Liteira de mulas de dúas prazas en madeira policromada con grilandas florais e, na parte traseira da caixa, bico e abrazo de Xesús e Xoán Nenos, sobre unha nube e sinalados por un anxiño, ao gusto dun Boucher ruralizado. Dúas portas e tres ventás. Non conserva o vidro que, como era habitual, formaba unha fiestra que subía e baixaba cun bastidor, dende o interior. O interior forrado con seda azul; dispón de catro ferros a modo de soporte para os varais de madeira que se apoiaban nos lombos de dous mulos (conservados no almacén). Teito en coiro rematado con cravos cónicos en bronce.
- Formato
-
Madeira policromada, coiro e bronce
Técnica: Policromado
Alto: 75,5
Longo: 153,5
Ancho: 145 - Procedencia
- Sala de armas
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Fernández González, Mª del Rosario, “As cortes do Museo Fortaleza de San Paio de Narla”. Boletín do Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo), T. XV, 2012-2018, páx.355-363
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 6 de nov de 18
- Estado de conservación
- B
- Conjuntos de fichas
- Obxectos de transporte
Parte de Liteira





