Bens culturais da exposición
Un percorrido polas principais tipoloxías da colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo.
Brazaletes e adornos de brazo
Entre as pezas que se empregaban como adorno de brazo destacan os brazaletes, unha tipoloxía que aparece desde a Idade do Bronce e que perdura no tempo ata o mundo castrexo-romano.
Ver pezas

Torques
Os torques son colares metálicos ríxidos presentes en distintas culturas da Antigüidade, pero no Noroeste Peninsular dentro do eido da Cultura Castrexa, séculos VI-I a. C., forman un conxunto senlleiro.
Ver pezasArracadas e pendentes
As arracadas son pendentes ou adornos de orella de diversas morfoloxías e pequeno tamaño, sendo as máis típicas as de tipo amorcillado como as de Bretoña, labirintiforme como a de Burela ou con apéndices triangulares como a arracada de Suegos.
Ver pezas

Outras pezas
Outras pezas que se expoñen na sala de ourivería antiga do MPL son dúas láminas áureas, un cravo/remate de torques, varios fragmentos de espirais que se empregaban como adornos de pelo, un anel e un broche de cinto.
Ver pezasMaterial en bruto
Completan a colección de ourivería antiga do MPL pezas de material en bruto como arames e tortas áureas, que amosan as marcas e irregularidades características do proceso de fundición do ouro.
Ver pezas
Autoría das fichas: Mª Ofelia Carnero Vázquez