
A Rede Museística Provincial de Lugo técese entre o Museo Provincial, na cidade de Lugo, o Museo-Pazo de Tor, o Museo-Fortaleza de San Paio de Narla e o Museo Provincial do Mar, en San Cibrao.
Catro espazos, cada un coas súas características e coleccións, e un mesmo eixo vertebrador: a museoloxía social e unha filosofía de accións vinculadas á comunidade, ao territorio e ao patrimonio.
Busca en toda a Rede
Museos da Rede

Museo Provincial de Lugo
O Museo Provincial de Lugo foi creado pola Deputación Provincial en 1932 co obxectivo de preservar e difundir o patrimonio cultural da provincia. Abríu ao público en 1934 na planta baixa do Pazo de San Marcos. A mediados do século XX, trasladouse ao antigo convento de San Francisco, un edificio histórico que data do século XIV e que foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.
Pza. da Soidade, s/n
27001 Lugo


Museo Provincial do Mar
Partindo da colección de pezas recollidas polo mestre D. Francisco Rivera Casás e os seus alumnos, a Deputación de Lugo acorda crear un museo adicado ao mundo do mar en 1969. Estivo xestionado pola Asociación de Veciños “Cruz da Venta” dende 1994 ata 2004, momento no que a Deputación Provincial, por medio do Museo Provincial de Lugo, tomou o relevo na dirección.
Avda. da Mariña
27890 San Cibrao (Lugo)


Museo Fortaleza San Paio de Narla
O edificio, cuxa orixe se remonta ao século XIV, foi a torre de Xiá, a fortaleza dos Seixas derrubada polas revoltas irmandiñas. Reconstruída como palacio por Vasco das Seixas “o Mozo” a comezos do século XVI, foi reformada durante o XVIII pero mantivo elementos defensivos e arquitectónicos de grande interese histórico. Forma parte da Rede Museística Provincial de Lugo dende a súa creación.
Museo Etnográfico San Paio de Narla
27220 Xiá (Lugo)


Pazo de Tor
As orixes deste pazo están vinculadas á liñaxe dos Garza, no século XIV. Foi habitado pola familia ata 1998, cando a última herdeira, María Paz Taboada de Andrés, doou o edificio e os seus contidos á Deputación Provincial de Lugo baixo dúas condicións: acceso gratuíto á veciñanza de Monforte e respecto escrupuloso á conservación e disposición do mobiliario, das obras de arte e demais enseres.
San Xoán de Tor, s/n
27591 Monforte de Lemos (Lugo)
