Non é o lugar para falarmos da arte chamada vicerreinal, mais convén dicir que os talleres que aló se formaron a raíz do nacemento das cidades, desenvolveron unha pintura de seu, propia, coa que dar resposta á demanda das fundacións conventuais, das catedrais e igrexas de nova construción e á piedade particular. Unha demanda en principio satisfeita dende a metrópole que, ao cabo, pasaría a ser destinataria dunha auténtica industria cultural desenvolvida no Novo Mundo. Os barcos non só levaban e traían escravos e outras mercadurías. A arte viaxaba, xa en forma de gravados que divulgaron as obras dos grandes mestres europeos, xa de pinturas que abastecían de modelos, logo reinterpretados, aos obradoiros cusqueños e novohispanos. Polo tanto, aquelas singraduras de ida e volta propiciaron un paulatino sincretismo cultural que paríu técnicas e iconografías inéditas baixo a peneira indíxena.

A relixiosidade impregnaba cada unha das estancias do Pazo de Tor. Todo él abunda en estampas devocionais, gravados, cobres pintados ou lenzos de dubidosa calidade artística. Sen embargo, son dun interese evidente posto que se intúen, nalgunha das pezas expostas, maneiras e execucións de alén do mar. Velaí van algunhas:

XAPÓN EN MÉXICO: UN KAKEMONO DE SAN DOMINGOS DE GUZMÁN

UN COBRE CO MARTIRIO DE SAN LOURENZO DE TIZIANO

UN BO PASTOR NENO DO ECUADOR?

UNHA ÚLTIMA CEA DO PERÚ?
< Previous page Next page >